tag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post6758762429693962504..comments2023-08-09T12:11:10.164+01:00Comments on El blog del viejo topo: Elecciones gallegas: fracasa el yolandismo y sigue pinchando el globo de En Marea.Blogdelviejotopohttp://www.blogger.com/profile/05071278955855981839noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post-58707808867350274012016-09-28T03:17:51.043+01:002016-09-28T03:17:51.043+01:00Me perdonarán por mi punto de vista banal y que no...Me perdonarán por mi punto de vista banal y que no aporta nada al debate, pero me sale del alma expresarlo: yo sinceramente, desde la irrupción de Podemos, C's y toda esta movida " de regeneración democrática" que llevamos padeciendo, no oigo hablar más que de... sillones. Un sillón pá qui otro pacá, un cromo pá ti y otro pá mi. Y no dimite nadie ni de casualidad...ni de milagro. Siguen donde están como estatuas de sal, de ahí no los mueve ni dios. Todos satisfechos, elecciones tras elecciones, con los resultados obtenidos... Para mantener los sillones de toda esta peña que " trabaja " para arreglarnos la vida a los pobres mortales, vamos a tener que trabajar como burros.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post-78263764963072892522016-09-27T18:05:21.236+01:002016-09-27T18:05:21.236+01:00La inmediatez en la obtención de resultados, habit...La inmediatez en la obtención de resultados, habitualmente electorales, no deja de ser un elemento de medición que evidencia la falta de madurez de los proyectos políticos y el tipo de concienciación del electorado potencial de esos proyectos. Cuando por debajo no hay labor de sedimentación organizativa y, fundamentalmente, ideológico-política, mal asunto. Siempre se le puede echar la culpa a las masas y a los votantes, lo que fuera prerrogativa de los trotskistas y hoy tan presente está entre podemitas y sus mamporreros. Dicho lo obvio, todavía más lo es el hecho de que al PP no le ocurre, aún pudiendo perder más o menos temporalmente un par de millones de votos, los recupera con relativa facilidad en cuanto lo que se supone es la izquierda (me molesta tener que incluir aquí al PSOE, pero...) no da un paso adelante con hechos palpables que, salvo una falta de memoria total por mi parte, se quedan reducidos a frases altisonantes de los líderes (ahora son imprescindiblemente líderes mediáticos, y hay de aquel que no los tenga) convenientemente jaleadas por medios de comunicación temporalmente afines, y, ocasionalmente, un programa electoral distinto al vociferado por el PP, en el que se supone que se dejan ver de manera clara y transparente las diferencias con la derecha. Quizás en tiempos de Anguita se dieran, más o menos, estas circunstancias, pero muy poco más en tiempos más cercanos.

El efecto gaseosa de las caras nuevas, las frases algo distintas y las coletas mal peinadas, ya ha pasado. Les sustituyen imágenes de mala convivencia interna, discursos oídos ya mil veces al PSOE, coqueteos con neofranquistas 'ni de derechas ni de izquierdas', revoloteo inquieto de los que tienen que situarse y un cabreo generalizado que aumenta la abstención entre la supuesta izquierda sociológica y ratifica en la necesidad de votar 'por los nuestros' a la derecha. Desconocidohttps://www.blogger.com/profile/17346441846257393976noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post-21120460282020021872016-09-26T23:51:28.418+01:002016-09-26T23:51:28.418+01:00Home, eu creo que entre o que fai o BNG e o que fa...Home, eu creo que entre o que fai o BNG e o que fai Podemos hai un abismo. É relevante o feito de que o BNG non é un partido comunista, senón unha fronte na que se insiren (neste momento) 2 partidos comunistas; e por tanto o seu programa non é comunista nin propón a adopción do socialismo (cousa que, por outra parte, sería absurdo pretender facer unicamente por vía electoral). Pero a gran diferencia está no feito de que o programa do BNG é asumible como programa de mínimos para un comunista (ou polo menos eu véxoo así), mentres que o de Podemos non o é. Eu non podo chamarlle táctica a darlle o visto bo ao imperialismo, por exemplo, cousa que Podemos fai aceptando a OTAN. Ou asumir que non é de recibo falar de república. O de Amancio Ortega e Beiras lino no teu blogue no seu día e flipei moito, pero teño claro que no BNG de hoxe en día iso sería totalmente impensable. Ou polo menos, se iso pasara eu esixiría explicacións e consecuencias.
O capitalismo en campaña non é unha palabra que saia moito por motivos electorais, pero non se pode dicir que o BNG non teña postura ao respecto:
https://www.youtube.com/watch?v=xJSH3rmAj74
Claro que hai xente dentro do BNG que non opta polo socialismo, do mesmo modo que hai xente no BNG que non defende a independencia; pero na UPG (e no MGS) a cousa está clarinete. Igual que me parecía lóxico cando o PCE se presentaba na fronte que supoñía IU (obviamente como un proxecto en clave estatal e non nacional galega, con todo o que iso implica), e teño entendido que ti defendías IU antes de que pasara o que pasou.

Sobre o de vivir nos armarios estou totalmente de acordo contigo, estamos noutra época e agora non hai por que ter medo de manifestarse como comunista, ao contrario: é máis necesario que nunca. Na U xa houbo cambios positivos neste aspecto nos últimos tempos, pero aínda hai moito que mellorar na miña opinión.

Pero si, eu tamén noto unha tendencia xeral na esquerda de cidadanismo inocuo, e tamén recoñezo sectores do Bloque que están nesas coordenadas (cada día menos, a maioría xa desertaron para ir á marea onde están máis cómodos, pero algúns quedan). Pero en fin, é a loita que nos toca aos que nos queremos facer chamar comunistas, plantarlle cara á esquerda socioliberal que o domina todo.

Veña, un saúdo e sigue co teu bo traballo ;)Coeghohttps://www.blogger.com/profile/03082165264219426146noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post-78812892470950249672016-09-26T23:02:23.683+01:002016-09-26T23:02:23.683+01:00A tarefa das organizacións de clase é a defensa do...A tarefa das organizacións de clase é a defensa dos traballadores e a loita pola súa emancipación (Socialismo). A partir de aí, nada xustifica o apoio á clase capitalista, por moito que sexa pequena e mediana empresa, que ademais son os máis vampiros explotando. É cuestión de principios e de ter moi claro quen é o inimigo de clase. O razoamento que expós coñézoo porque vén de moi atrás e para os que somos de aquí e estamos metidos no meollo, é dabondo coñecido. Pero non o comparto. Moitos aínda temos en mente onde conduciu iso cando o empeño de Quintana de promocionar ese tecido empresarial galego e que supuxo. Ao final acabamos botándolle flores ao Amancio Ortega, como fai por certo un dos deputados de En Marea e no seu día fixo Beiras tamén.
Polo demais, opoñerse ao neoliberalismo oponse moitísima xente, e serve para alimentar a ficción de que é algo distinto do capitalismo. Todos os neokeynesianos opóñense tamén ao neoliberalismo. O que hai detrás do neoliberalismo non é máis que unha fase no proceso de acumulación capitalista que necesita das privatizacións para non estancarse. E o BNG cóidase moito de criticar o capitalismo no seu discurso público (certo: como fai a maioría). Eu imaxino que a xente de UPG teno claro, pero xa teño as miñas dúbidas de se a xente que non está na UPG teno tan claro e case diría que non, vendo a moitos que terminaron nesta palleirada de En Marea.
Creo, caro Coegho, que se somos sinceros temos que recoñecer que a deriva ideolóxica salpícanos a todos.
E logo lamento que os partidos comunistas cun pouquiño de forza dedíquense a vivir nos armarios: pásalle ao meu partido e tamén lle pasa á UPG. E ao final ESO é un dos factores (un de varios, por suposto) que teñen que ver co retroceso ideolóxico en relación coa ideoloxía dominante.
Polo demais, as alternativas a En Marea eran o voto branco ou nulo, quedarse na casa ou votar BNG. Eu de verdade alégrome polo BNG e oxalá subise moito máis, pola súa traxectoria en loitas sociais e unha chea de cousas. Non é casual que sempre houbese persoas de esquerdas que sen ser nacionalistas votan ao BNG, o que moitos amigos non galegos non entenden. Pero o BNG non está líbre do virus do interclasismo e do transversalismo que sacode a toda a esquerda en xeral. Que é táctica? Bo, tamén o de Podemos é táctica din moitos.
En fin. Máis aló do concreto que son estas eleccións ou calquera outras, á miña o que me preocupa e centra a miña atención é que cada vez somos máis débiles en relación coa ideoloxía dominante do capitalismo. E non coñezo unha soa organización de esquerdas que non teña a súa cota de culpa nisto.
Unha aperta :)Vignehttps://www.blogger.com/profile/09108875489093153631noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8768269958715851894.post-28547947562413624932016-09-26T21:59:01.355+01:002016-09-26T21:59:01.355+01:00Non estou totalmente de acordo co que dis do BNG n...Non estou totalmente de acordo co que dis do BNG no artigo. Evidentemente, o BNG é unha fronte de esquerdas e por tanto non ten unha "retórica comunista", por así dicilo; non obstante, das 5 forzas con capacidade de sacar escano, é obviamente a que estaba máis á esquerda.
É certo que en campaña electoral ás veces se cae un pouco no populismo co tema da "ilusión" e "cidadanía": non o discuto. Pero por exemplo, o BNG foi a única organización que afirmou que non bastaba con botar ao PP, senón que había que ofrecer unha alternativa seria ao servizo do pobo. Tamén o BNG nos seus discursos se opoñía frontalmente ao neoliberalismo, e aínda que non dixera abertamente "muerte al capitalismo" si que explicitaba que era necesario un novo modelo económico. E o máis importante, o pilar central do discurso do BNG é a soberanía, e non hai NIN UN partido fóra del que defenda ese concepto; non obstante, é algo que eu polo menos non deixo de escoitarlle á esquerda bolivariana e ao comunismo europeo, a defensa da soberanía nacional e popular. Unha cuestión crucial no mundo globalizado de hoxe en día. Xa non falemos do feito de que son a única forza que se opón á OTAN, á Constitución española, á Unión Europea, a única que celebrou o Brexit como unha vitoria contra o establishment... Imaxino que te refires a iso co de que é a forza "máis parecida á esquerda".
Naturalmente o BNG tamén ten propostas que directa ou indirectamente benefician á pequena e mediana empresa, pero explicadas pola particular situación económica galega que é diferente á do resto do Estado (fundamentalmente baséase na creación de tecido industrial galego para loitar contra a relación de dependencia colonial que sufre o país con respecto ao Estado español). Pero por outro lado teño entendido que era a única forza que no programa levaba a creación dunha Banca pública galega, por exemplo. Isto xa non é como con Quintana ou Beiras.

E despois deste mitinazo, digo: bo artigo, realmente aporta datos moi interesantes que non coñecía, e é útil para os lectores de fóra do país.Coeghohttps://www.blogger.com/profile/03082165264219426146noreply@blogger.com